Qué e a Seguridade Industrial?
(Lei 21/1992, de Industria) A prevención e limitación de riscos, así como a dos produtos, protección contra accidentes e sinistros capaces de producir danos ou prexuízos ás persoas, flora, fauna, bens e medio ambiente, derivados da actividade industrial ou da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións ou equipos e da produción, uso ou consumo, almacenamento ou refugallo
Seguridade Industrial, a gran descoñecida
A seguridade industrial está en todo, as 24 horas, os 365 días do ano.
Pola súa propia nomenclatura, o concepto de seguridade industrial xera confusión e pode levar a pensar que se refire unicamente a contornas industriais, pero non é así. A seguridade industrial garante o benestar social as 24 horas do día e protexe, directa e eficazmente, a vida diaria e cotiá de todas as persoas, sen excepción. Todos utilizamos a diario ascensores, vehículos, aparellos eléctricos, substancias químicas etc., e accedemos a numerosos establecementos ou espazos de masivo uso público (colexios, cinemas, hospitais, cafeterías, oficinas, gasolineiras, comercios, rúas, parques, estradas) que están sometidos ao cumprimento da normativa de seguridade industrial.
Congreso Anual de Seguridade Industrial Galicia 2025:
Inauguración Oficial do congreso:
Mércores 26 de Novembro 09:30 h.
Peche:
Xoves 27 de Novembro 13:45 h.


